A Feira Outrora de Rubián acollerá múltiples e diversas actividades para todos os que se acheguen

RibeiraSacraXa
A Feira Outrora de Rubián acollerá múltiples e diversas actividades para todos os que se acheguen á parroquia de Bóveda
Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’
11 Xul 2023

Este 14 de xullo, venres, celébrase a XIX Feira Outrora en Rubián, Bóveda, como cada ano no que se pon en valor a tradición da parroquia e dos produtos locais  e de artesanía que se producen, por iso haberá postos de exposición de diferente temática.

Así, ás 10.00 horas do venres abrirán eses postos de exposición de produtos para o desfrute de todos os asistentes e a partir das 10.15 comezará a exhibición de facer artesanalmente esculturas con motoserra.

Xa ás 10.30 horas comezará a música, da man do Grupo de Gaitas Municipal de Bóveda, que desfilarán por Rubián. Mentres, media hora máis tarde, comezarán os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño e ás 12.00 volverá a música coa actuación dos Amigos da Pandeireta de Monforte.

Despois do xantar, ás 16.00 horas, haberá demostracións participativas nos stands de artesanía e ás 17.00 horas terán lugar, de novo, os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño.

Os máis pequenos tamén poderán desfrutar desta festa a partir das 18.00 horas coa festa da escuma e ás 19.00 horas cos xogos tradicionais interxeracionais, aos que poderán xogar coas súas familias.

Como últimas actividades, ás 20.00 horas haberá un concerto na Capela de Xoán Curlet, ás 21.00 horas pecharán as exposicións, ás 22.00 horas terá lugar a degustación gastronómica "isco no guizo" e, por último, ás 23.00 horas, rematará o día coa música do DJ Vizcaíno de Bóveda.

Feira Outrora Boveda
0.16197395324707