A Feira Medieval de Monforte continúa este domingo cun programa repleto de actividades

Coa lectura no Salón de actos da Casa da Cultura, do Saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Conde de Lemos, comezou este sábado o XXI Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve tamén durante este domingo.
No acto inaugural participaron a primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación municipal, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, o Tenente da Compañía da Garda Civil, Javier, e polo Inspector Xefe de Seguridade Cidadá, Óscar Fernández.
Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como a Deputada da Área de Réxime InteriorPromoción e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción económica e social, Pablo Rivera, o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, o Delegado Territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Deputada no Congreso, Patricia Otero, ou o Concelleiro Delegado de Alcaldía do Concello de Sober, Iván Armesto, entre outras autoridades.
Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira.
Este domingo, a feira continúa en Monforte de Lemos, unha cita ineludible para todos aqueles que queiran desfrutar dun evento diferente, que mergulla á cidade no seu esplendor medieval.
Programa
ACTUACIÓNS DE RÚA (de 10:30 a 21:00 horas)
- Grupo de música medieval Turdión
- Grupo de animación Circocido
- Grupo Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula
- Grupo de música medieval Kalte
- Grupo de música medieval Grimorium
- Grupo de música medieval Galego
- Grupo de animación musical Edena Ruth
CAMPAMENTO MEDIEVAL
- Apertura de 10:30 a 14:30 horas e de 16:15 a 20:30 horas: instalación de tendas medievais, exposición de armas, cascos, panoplias militares, indumentaria e utensilios. Patrullas medievais, desfiles e adestramentos militares con recrutamento infantil.
- Obradoiro de fabricación de cota de malla e indumentaria histórica (de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas)
- Obradoiro de Scriptorium (de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas)
- Exhibición de oficios artesáns (de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas)
EXHIBICIÓN DE AVES (Praza de Santo Antonio)
- Exposición coa agrupación “Águilas de Valporquero” (de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas)
- Espectáculo de cetraría e exhibición de voo de aves rapaces (de 13:30 a 17:00 horas)
CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL (Praza das Nais Clarisas)
- Xogos tradicionais de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas
- Atraccións infantís de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas
OUTRAS ACTIVIDADES
- Prácticas de tiro con arco (no adro da Régoa, co club de tiro con arco Arco Lemos)
Horario: de 11:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas - 12:00 horas. Desfile do Grupo Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula dende a Praza de España polas rúas e prazas da feira (tamén ás 17:00 horas).
- 13:30 horas. Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do Gran Torneo Medieval xunto co grupo de música medieval Turdión polas rúas e prazas da feira.
- 13:30 horas. Xantar Medieval no Parador Nacional de Monforte de Lemos.
- 17:00 horas. Concentración na Praza de España dos participantes no XII Concurso de Traxes Medievais e valoración do xurado. Nomeamento de Damas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabo Mal Lote e da Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño.
- 18:00 horas. Gran Torneo Medieval no campo de terra do Colexio PP Escolapios, con cabaleiros, escudeiros, bufóns e soldados de Hípica Celtia. Probas de estafarme, xavelina, ponte de lume, rotura de lanzas, combates de espadas, nomeamento de vencedores e música en directo.
- 18:00 horas. Exhibición comentada na Praza de España de indumentaria militar medieval (séculos X ao XV) a cargo da Asociación de Recreación Histórica “Cabaleiros de Ulver”, xunto cunha mostra de armas e diferentes estilos.
- 19:00 horas. Entrega de premios na Praza de España do XII Concurso de Traxes Medievais, do IX Concurso de Decoración de Balcóns e do X Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros do centro histórico.
- 20:00 horas. Desfile do Gran Dragón dende a Praza de España polas rúas da feira, acompañado por música medieval, actores e personaxes fantásticos que guiarán ao público cara ao espazo do espectáculo final (Praza de Santo Antonio).
- 21:30 horas. Espectáculo Suaren Batalia na Praza de Santo Antonio: relatos ancestrais, lendas e visións medievais nun universo máxico e misterioso. Montaxe de lume e luz con teatralización, pirotecnia e ambientación fantástica.