A XLIII Feira do Viño de Quiroga presenta o programa completo de actividades

RibeiraSacraXa
Arrancarán o venres, 18 de abril, cunha homenaxe aos primeiros organizadores da feira
Feira-do-Viño-de-Quiroga
Feira do Viño de Quiroga
7 Apr 2025

A Feira do Viño de Quiroga regresa un ano máis entre o 18 e o 20 de abril, cun extenso programa de actividades que arrancará cunha homenaxe aos pioneiros desta cita. Ademais, durante a primeira xornada actuará o grupo local Mario Colomán & The Clocks Band, no recinto feiral, que abrirá ás 21.00 horas.

O sábado, as casetas estarán abertas dende as 11.00 horas, con actividades durante todo o día, como o XVI Certame Celtibérico de bandas de gaitas “Memorial Muiño”, o pregón a cargo de Fernando Romai,, a entrega dos premios do Concurso de Carteis, o Val de Tapas e o concurso de casetas e, por último, a actuación de ‘La banda de ayer’.

O domingo, as casetas estarán abertas pola mañá e a xornada contará coa animación de rúa a cargo da banda de gaitas O Recanto e da Banda de Música de Antas de Ulla.

⚙ Configurar cookies
0.11543202400208