A Feira do Viño de Quiroga celebrarase o 24 e 25 de xullo

RibeiraSacraXa
A organización baralla facela os días 24 e 25 de xuño pero a data tradicional non quedará sen eventos. Toda a información aquí.
feira do vic391o de quiroga 2019
30 Jan 2021

O 24 e 25 de xullo é a data escollida para celebrar a Feira do Viño de Quiroga. A comisión organizadora tomou esta decisión ante a actual situación sanitaria "que fai pensar que tampouco poderemos gozar desta cita festiva na Semana Santa, a data marcada no calendario dende hai anos".

A pesares deste cambio de data, os organizadores (entre os que se atopan representantes do Concello de Quiroga, da Confraría do Viño e dos viticultores) están a traballar na procura de actividades alternativas para que a data orixinal do festexo non pase desapercibida. Entre elas, barallan a publicación dunha revista conmemorativa ou facer unha exposición coas botellas que acudiron aos certames anteriores. A edición deste ano pretende ser unha homenaxe a todos os adegueiros artesanais que pasaron pola feira nestas 39 edicións.

“A nova edición que se celebre da Feira do Viño marcará un antes e un despois neste evento festivo posto que, como xa se decidiu o pasado ano, a partires de agora estará aberta non só a pequenos viticultores senón tamén ás adegas industriais da subzona Quiroga-Bibei, na que estamos englobados. Por primeira vez xuntaranse na Feira do Viño de Quiroga, os caldos elaborados de maneira tradicional cos elaborados de forma industrial”, adianta a organización.

0.13179588317871