A Feira do Viño de Chantada regresará entre o 7 e o 9 de marzo
RibeiraSacraXa
Será, un ano máis, a cita encargada de abrir as feiras do viño na D.O. Ribeira Sacra
Feira do Viño de Chantada 2024
30 Jan 2025
A XLII Feira do Viño de Chantada xa ten datas de celebración. Será os días 7, 8 e 9 de marzo de 2025, tal e como veñen de confirmar dende a organización. Será, polo tanto, a máis madrugadora da Ribeira Sacra, encargada de abrir as feiras do viño na D.O. Ribeira Sacra.
Consolidada como un dos principais actos festivos que se celebran no municipio de Chantada, a Feira do Viño ofrecerá ás persoas asistentes a proba do viño vendimado durante o ano. Non faltarán diferentes actividades ao redor do viño, así como actuacións musicais, nun ambiente festivo que atrae cada ano a miles de visitantes. Proximamente darase a coñecer toda a programación da Feira, así como o seu cartel oficial.