A Feira de Gando de Seoane, en Folgoso do Courel, logrou un novo éxito coa adxudicación de catro exemplares
Este domingo tivo lugar a terceira edición da Feira de Gando en Seoane, no Concello de Folgoso do Courel, despois dun parón de tres anos por mor da pandemia e da inmobilización de gando que impediu a poxa do pasado ano.
A poxa, organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, logrou un novo éxito ao conseguir a adxudicación dos catro exemplares con prezos moi por encima dos de saída, o que permitiu pechar a poxa cun prezo medio de case 2.600 euros.
Os catro exemplares poxados, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo, lograron unhas cotizacións de entre 2.650, para a primeira xovenca, e de 2.550, e finalmente adxudicáronse a gandeiros con explotacións na Fonsagrada, Ribadeo, Sarria e Samos.
En total, 16 posibles compradores retiraron as súas tarxetas para poder poxar por algunha destas xovencas, todas elas preñadas e con 23 e 24 meses de idade.
O presidente de Acruga, César Dourado, mostrouse moi satisfeito cos resultados finais desta poxa, coa que Acruga retoma a actividade de poxas nun municipio no que a raza loura galega está gañado peso. Ademais Dourado sinalou que a actividade das poxas continuará de forma intensa ao longo disto mes.