A Federación Galega de Voleibol renova o convenio de colaboración co Concello de Quiroga

RibeiraSacraXa
O convenio de colaboración coa Federación Galega de Voleibol e o Concello de Quiroga renovouse por dous anos máis.
quiroga_voleibol (2)
17 Jun 2022

O convenio de colaboración renovouse entre as partes por dous anos máis.

O Concello de Quiroga e a Federación Galega de Voleibol renovaron a súa colaboración asinando o convenio de colaboración entre o alcalde, Julio Álvarez, e Juan Carlos Suárez, Director Técnico da Federación Galega de Voleibol.

Mediante a sinatura do convenio, asegúranse ao longo de dous anos  "a celebración de concentracións das Seleccións Galegas de cara a súa preparación para os Campionatos de España de Selecciones Autonómicas".

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, vencellou o acordo deste convenio cos óptimos resultados conseguidos e "ao impulso que este deporte ten en Quiroga". Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, sopexou que "se poida ir mellorando este convenio para adaptalo ás circunstancias e necesidades locais para que as nenas e nenos quirogueses de voleibol poidan participar nestas concentracións".

quiroga_voleibol
0.17372918128967