A Federación Galega de Voleibol abre unha nova quenda para o Campamento Voleigalego de Quiroga

RibeiraSacraXa
Será do 3 ao 10 de agosto, logo de esgotar todas as prazas nas dúas primeiras quendas
xornadas formacion federacion voleibol galega en quiroga
Campamento Voleigalego
26 Mar 2025

A Federación Galega de Voleibol organizará por terceiro ano consecutivo o Campamento Voleigalego, cun gran éxito de participación entre os mozos e mozas, que xa lograron esgotar todas as prazas para as dúas primeiras quendas, que terán lugar do 20 ao 27 de xullo e do 27 de xullo ao 3 de agosto. Agora, a mocidade terá unha nova oportunidade para participar nesta gran cita co deporte que se celebra en Quiroga, xa que a Federación vén de anunciar unha terceira quenda entre o 3 e o 10 agosto.

O campamento está dirixido a xogadores e xogadoras nacidos entre 2007 e 2013, sen importar o seu nivel de experiencia. A actividade inclúe adestramentos específicos e sesións orientadas a mellorar as habilidades técnicas, tácticas, físicas e sociais dos participantes. Ademais, realizaranse competicións internas e actividades de lecer como sendeirismo e deportes acuáticos.

O campamento desenvolverase no pavillón municipal de Quiroga, e os participantes contarán con aloxamento e alimentación no albergue municipal.

⚙ Configurar cookies
0.37560796737671