A fase final da XIV Olimpiada de Xeoloxía de Galicia foi acollida polo Courel Mountains Unesco Global Geopark

RibeiraSacraXa
A fase final da XIV Olimpiada de Xeoloxía de Galicia foi acollida polo Courel Mountains Unesco Global Geopark
Courel Mountains Unesco Global Geopark
10 Feb 2023

O Courel Mountains Unesco Global Geopark albergou a fase final da XIV Olimpiada de Xeoloxía de Galicia.

Preto dun cento de participantes de 8 centros escolares galegos competiron para representar a Galicia na final nacional.

As probas desenvolvéronse no Museo Xeolóxico en Quiroga e no Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana en Ribas de Sil.

Os gañadores déronse a coñecer nunha entrega de premios no salón de actos do concello de Ribas de Sil. Estas foron tres alumnas do IES Río Cabe de Monforte: Carla Rodríguez Veiga, Ariadna Valdés Fernánez e Nadine López Aira.

Organizado pola AEPECT, e coa colaboración do Xeoparque Montañas do Courel, da Xunta de Galicia e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e de Vigo.

0.19428992271423