A fadista María do Ceo actuará en Quiroga

RibeiraSacraXa
Os veciños de Quiroga poderán desfrutar da actuación de María do Ceo o 13 de novembro no Auditorio Municipal.
maria ceo quiroga
12 Nov 2021

A Fadista María do Ceo actuará no Auditorio Municipal de Quiroga este sábado 13 de novembro.

A actuación enmarcada na programación de actos para a festividade do patrón da vila ‘San Martiño e viño no camiño’ dará comezo ás 18.00 horas.

María do Ceo está considerada a sucesora de Amália Rodrígues, conta cunha traxectoria única na que se funde a melancolía do portugués coa dozura galega.

As súas dotes vocais e a súa innata musicalidade fan dos concertos de María do Ceo de experiencias fascinantes que sumerxen ao público na paixón e tenrura do fado tradicional, pero tamén na personalidade dunha artista singular.

maria ceo quiroga
0.20515203475952