A extraballadora do servizo de atención ao fogar Mari Carme do Freixeiro abre os Faladoiros de Quiroga

RibeiraSacraXa
O centro social de Quiroga vai poñer en marcha 'O Faladoiro',unha proposta impulsada pola Concellería de Servizos Sociais que consistirá no desenvolvemento de charlas-coloquios arredor dun tema e dunha persoa convidada que achegue experiencia e vivencias sobre o mesmo e que se desenvolverá o derradeiro mércores de cada mes.
centro social Quiroga
29 Xan 2024

A persoa convidada nesta primeira xuntanza, que se desenvolverá ás 18.00 horas do vindeiro mércores 31 de xaneiro na biblioteca do centro, será Mari Carme do Freixeiro. Nesta primeira xuntanza, os temas a tratar serán a atención e comprensión ás persoas maiores e a experiencia de superar unha enfermidade grave.

A convidada, Mari Carme, contará as súas experiencias como extraballadora do servizo de atención ao Fogar e como loitadora contra unha enfermidade grave. As persoas que asistan poden intervir no coloquio que ten como obxectivo “coñecer aspectos da vida que compartidos sempre se levan mellor, ademais da aprendizaxe que se pode sacar da interacción social”, tal e como como matizou o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández.

0.17008686065674