A exposición 'Os padernes' estará exposta en Folgoso do Courel ata o 15 de agosto

RibeiraSacraXa
A exposición 'Os padernes' estará exposta en Folgoso do Courel ata o 15 de agosto despois de que a fixera a familia
Os Padernes Courel
4 Ago 2023

O pasado domingo inaugurouse a exposición itinerante sobre ‘Os Padernes’, os músicos que serviron de inspiración para a creación CourelSon por parte da súa familia.

Esta mostra estará exposta en todas as actividades que desenvolva a Asociación Desenvolvemento Rural Serra do Courel, e concretamente na aldea na que naceron e desenvolveron a meirande parte da súa actividade creativa.

Tamén estará exposta na festa da Parroquia de Meiraos, á que pertence Paderne, o vindeiro 15 de agosto.

Ademais dunha exposición fotográfica e dos textos explicativos, a través dun código QR pódese obter un enlace que leva á web da asociación, na que se poden descargar os PDF da exposición, así como escoitar a música dos Padernes.

Os Padernes, formados en 1914, levaron a música e o nome do Courel por todo o territorio. Ata tres orquestras chegou a haber a mediados do século, todas co mesmo nome e formadas por músicos do Courel.

0.20666718482971