A exposición 'O oficio de labregos' de Ángel Utrera poderá visitarse en Pantón

RibeiraSacraXa
Desde este sábado, 2 de decembro, e ata o vindeiro 16 de decembro poderase desfrutar na Casa da Cultura de Pantón dunha exposición de fotografía.
Angel Utrera
3 Dec 2023

Desde este sábado, 2 de decembro, e ata o vindeiro 16 de decembro poderase desfrutar na Casa da Cultura de Pantón dunha exposición de fotografía.

Esta leva o nome de 'O oficio de labregos' e é do artista Ángel Utrera, quen elaborou unha selección de 25 imaxes nas que o fotógrafo reflicte o día a día da vida dos traballadores do campo.

Así, o artista di que esta exposición é para os seus netos, que di "se acaso chegan a nacer, porque eles xa non comprenderán do que lles estou a falar".

Exposición Angel Pantón
0.14151883125305