A exposición ‘O fin do Camiño’ poderá verse en Bóveda ata o 15 de xaneiro

O Centro Sociocultural de Bóveda acolle estes días a mostra ‘O fin do Camiño’, comisariada por Xulio Xiz, que permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro.
A exposición inclúe fotografías dos artistas galegos Eduardo Ochoa e Carlos Puga, que ofrecen unha visión dos Camiños a Compostela centrada nos aspectos humanos e monumentais, destacando os detalles máis salientables desta ruta histórica.