A exposición 'Invisibles' estará dispoñible en Chantada ata finais de setembro

RibeiraSacraXa
A Casa de Cultura de Chantada acolle desde este luns e ata o vindeiro 29 de setembro a exposición 'Invisibles', na que catorce mulleres usuarias da residencia DomusVi do Concello de Bóveda amosaron as súas belezas sen filtros a través dunha composición de fotografías.
invisibles Bóveda exposicion
10 sep 2023

A Casa de Cultura de Chantada acolle desde este luns e ata o vindeiro 29 de setembro a exposición 'Invisibles', na que catorce mulleres usuarias da residencia DomusVi do Concello de Bóveda amosaron as súas belezas sen filtros a través dunha composición de fotografías.

Esta exposición nace a raíz do proxecto ‘Inmarcesibles’ do Concello de Sober sobre a beleza real feminina e as persoas interesadas en apreciar todos os detalles de cada unha das fotografías poderán facelo en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

'Invisibles' é un proxecto promovido pola educadora social Carmen Vázquez Fernández e as fotografías fixéronse a través da terapeuta ocupacional Carolina Cotón, que captaron a esencia de mulleres que seguen tendo beleza a pesar do paso do tempo.

invisibles chantada
0.1200098991394