A exposición de fotografía 'Anatomía do lume' de Tomás Rodríguez poderá visitarse en Quiroga
A sala de exposicións da Casa de Cultura, Manuel María, acolle a partir a exposición de fotografía 'Anatomía do lume' que será inaugurada esta tarde ás 19.30 horas.
Trátase dunha exposición de 20 fotos de Tomás Rodríguez, bombeiro forestal, que aborda o mundo dos incendios desde unha perspectiva diferente a habitual, porque o autor è un profesional da extinción de incendios, de feito, todas as imaxes están captadas coa cámara do seu móbil, durante o seu traballo nos lumes.
A súa peculiar e intimista visión dos lumes deste monfortino, de portas cara dentro, resulta interesante e ilustrativa, amosando cun incendio é moito máis ca chamas e sirenas. "Un incendio son esperas, corta-lumes, cansazo, impotencia, accidentes, compañeirismo e un ollar cara o ceo na busca de sinais de choiva", explican.
Esta é a realidade que Tomás mostra nestas fotografías, unha realidade á que desde hai anos se enfronta cos seus compañeiros da CE- 06 de Manzaneda, protagonistas tamén desta exposición.