A exposición 'Courel Territorio Literario' pódese ver na praza do Campo de San Antonio en Monforte

RibeiraSacraXa
La exposición itinerante 'Courel Territorio Literario' se puede ver en la plaza del Campo de San Antonio en Monforte.
exposicion itinerante courel territorio literario
12 Dec 2021

A praza do Campo de San Antonio de Monforte acolle estes días a exposición itinerante “Courel Territorio Literario”, organizada pola Fundación Uxío Novoneyra e que conta coa colaboración do Concello de Monforte.

A exposición está conformada por catro puntos expositivos, conformados cada un deles por 4 paneis que recollen os aspectos máis destacados de 4 escritores que gardan unha estreita relación co Courel.

Deste xeito o narrador Ánxel Fole, e os poetas Uxío Novoneyra, María Mariño e Carlos Oroza son as catro figuras creativas protagonistas desta exposición.

Cada un dos puntos expositivos está adicado a un destes escritores e os paneis recollen os datos máis destacados da súa biografía, a cronoloxía das publicacións das súas obras máis salientables, así como textos e fotografías de cada un dos autores. A exposición está descrita en 3 idiomas, galego, español e inglés.

A exposición pode ser visitada por público de todas as idades, e está especialmente dirixida a alumnos e profesores dos diferentes centros educativos de Monforte e da comarca de Lemos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20625305175781