A experta no sector do viño, Cristina Alcalá, será a pregoeira da XXXII Feira do Viño de Vilachá

RibeiraSacraXa
Alcalá conta cunha ampla traxectoria profesional de máis de 25 anos ligada ao mundo do viño, nos ámbitos da comunicación, a docencia e a xestión cultural
cristina-alcala
Cristina Alcalá
23 Apr 2025

A Feira do Viño de Vilachá xa ten pregoeira para a súa edición de 2025, que se celebrará do 2 ao 4 de maio. Trátase da experta no sector do viño, Cristina Alcalá, membro do Grupo de Investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña e colaboradora como docente no Basque Culinary Center, no Instituto IFE-Cámara de Comercio de Madrid en no Máster de Viticultura e Enoloxía da Universidad Politécnica de Madrid, entre outros.

Alcalá conta cunha ampla traxectoria profesional de máis de 25 anos ligada ao mundo do viño, nos ámbitos da comunicación, a docencia e a xestión cultural. Por iso, dende o Concello da Pobra do Brollón teñen a certeza de que “todo este coñecemento e paixón váinolo transmitir no pregón”, que será o domingo ás 13.00 horas. Ademais, Cristina guiará xunto con Juanjo Figueroa unha cata moi especial de viños de barrica, que terá lugar o sábado e para a que será necesario facer reserva previa no 650 624 828. As actividades completaranse con actuación musicais e o tradicional concurso de viños de furancho.

⚙ Configurar cookies
0.1740448474884