A estrada provincial LU-P-5902 de Sober está a ser mellorada pola Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa
La Diputación de Lugo está mejorando otro tramo de la vía LU-P-5902 en Sober. Cuenta con una inversión de 45.000 euros.
Enduro panton 1
31 Mar 2022

A estrada provincial LU-P-5902 de Sober, está a ser mellorada pola Deputación de Lugo. Esta vía une o núcleo de Canabal e Arxemil por Rosende. Esta semana comezaron unhas novas actuacións de rehabilitación do firme ás que a institución provincial destina 45.000 euros.

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 4,4 e 6,7 e consisten na limpeza de cunetas, drenaxe e pavimentación. O prazo de execución é de 9 meses, pero a previsión é de que estes labores rematen antes, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

Estas obras dan continuidade ás que recentemente acometeu a Deputación nun tramo anterior, dende os puntos quilométricos 3,5 e 4,4 investindo 61.000 euros. A institución provincial realiza estas melloras co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e mellorar a comodidade dos usuarios e usuarias que transitan por esta estrada no seu día a día.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, salienta a importancia destes traballos e recalca que “a mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno”. Detalla, así mesmo, que “defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

0.19698786735535