A estrada LU-651 volverá estar cortada este xoves, polo que se establecen desvíos alternativos

RibeiraSacraXa
Para desprazarse entre Folgoso do Courel e Seoane do Courel as persoas deberán tomar camiños alternativos
Lu-651-corte
26 Jun 2024

Dende este xoves, 27 de xuño, realizarase o corte temporal na circulación de vehículos na estrada LU-651 os días laborables, dende as 8.30 ás 19.00 horas, entre os P.k. 31+300 (acceso á Ferrería Nova e ao CPI Uxío Novoneira) ao P.K. 33+300 (Seoane do Courel).

Os desvíos alternativos para desprazarse entre Folgoso do Courel e Seoane do Courel será por un paso alternativo, regulado por semáforos, polo camiño que baixa dende Seoane (á altura do bar Lembranza, por tras de Correos) á Ferrería Nova. Ou tomar ruta alternativa a través de Moreda.

Pola súa parte, para vehículos pesados ou de anchura ou altura superior a dous metros, para chegar a Seoane do Courel dende fóra do municipio terán que acceder pola estrada provincial LU-P-1301 que penetra no Concello polo norte, procedente de Hospital, en Pedrafita do Cebreiro; acceder pola estrada provincial LU-P-5601 que penetra no Concello polo oeste por Lóuzara e Meiraos ou acceder pola estrada provincial LU-P-1303 que provén do leste e do sur, procedente de Quiroga, por Ferramulín, Hórreos e Visuña.

Os vehículos pesados ou das características de dimensións indicadas que circulen no sentido dende Folgoso cara a Seoane, deben tomar un desvío sinalizado en Mogoxe (LU-651, km 28,75) pola estrada provincial LU-P-1306, dirixíndose cara a Seoane por Seceda, Santalla, Lóuzara e Meiraos, para chegar a Seoane pola LU-P-5601.

0.16178488731384