A estrada LU-651 ao seu paso por Folgoso do Courel estará pechada ata o 11 de novembro
A Axencia Galega de Infraestruturas vén de comunicar que, debido ás actuacións necesarias para a execución da mellora da estrada na LU-651, entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, é preciso prorrogar o peche total ao tráfico a estrada LU-651 entre a intersección co cruzamento coa estrada que vai ao CPI Uxío Novoneyra e a Moreda e o núcleo de Seoane.
Desta maneira, a estrada quedará totalmente pechada durante 24 horas ao día, os 7 días da semana, ao tráfico de calquera tipo de vehículos e peóns polas actuacións na ponte situada no punto quilométrico 32,7 e o corte prolongarase ata o día 11 de novembro de 2024.
Os desvíos serán os mesmos que os existentes para os cortes anteriormente realizados e cos mesmos condicionantes de dimensións dos vehículos.
En caso de que o desenvolvemento das obras permita adiantar a apertura ao tráfico, comunicarase este feito en canto sexa posible.