A estrada LU-109 que conecta Monforte e Sarria conta con novo pavimento

RibeiraSacraXa
3,5 Quilómetros del pavimento de la carretera LU-109 de Monforte ha sido reforzada para una mejora en la circulación.
LU 109 Monforte
25 Nov 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de investir 190.000 euros nas obras de mellora do firme da estrada autonómica LU-109, no concello de Monforte de Lemos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, acompañado por persoal técnico da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), supervisou o resultado dos traballos de reforzo do pavimento nos 3,5 quilómetros de lonxitude da vía, que formaba parte do trazado da antiga conexión Monforte-Sarria e que enlaza coa actual estrada Nadela-Monforte (LU-546) a través da parroquia de Ribas Altas.

As obras consistiron na execución dunha nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente en todo o traxecto. Agora estase a traballar no repintado da sinalización horizontal, tarefas que quedarán rematadas nos vindeiros días.

A actuación foi financiada con cargo ao contrato de conservación ordinaria das estradas da Zona Sur co obxectivo de mellorar a seguridade do tráfico nesta área.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17206501960754