A Estación de Montaña de Manzaneda permanecerá pechada este venres
RibeiraSacraXa
As fortes rachas de vento obrigaron a clausurar as instalacións

23 Jan 2026
A Estación de Montaña de Manzaneda anunciou que permanecerá pechada durante a xornada de hoxe debido ás fortes rachas de vento rexistradas durante a noite, que tamén foron acompañadas de intensas nevadas.
Segundo informan desde a estación, a neve quedou moi venteada e fóra das pistas, aínda que nalgunhas zonas formáronse acumulacións con bos espesores. Os responsables confían en que o vento amaine pronto para poder comezar coas tarefas de acondicionamento.