A Escudería Taboada foi presentada nun acto público que incluíu exposición e exhibición de coches
A nova directiva da Escudería Taboada foi presentada na praza Riazón de Taboada coa presencia dos pilotos e copilotos da entidade así como a presenza do alcalde, Roi Rigueira.
Durante o acto, ademais, expuxéronse os coches de competición na praza e houbo unha exhibición de coches de competición e exhibición de drift na rúa Nova.
Pero o máis destacable é que se falou sobre a 11ª edición da Subida a Taboada, que será a primeira da tempada a fin de semana do 27 e 28 de abril, "e agardamos unha gran afluencia de afeccionados ao mundo do motor no Concello de Taboada. Só pedimos que nos acompañe o tempo", defenden desde o Concello.
Desde a organización do evento defenden que foi "un éxito total, tanto de veciños do pobo como dos alrededores, xa que nas exhibicións houbo moita xente e na cea de despois máis de cen persoas".