A escritora Yolanda Álvarez presenta o seu libro 'Zapato e Bota' na Feira de Oportunidades de Ribas de Sil

A escritora bovedana, Yolanda Álvarez, presenta este domingo no Pavillón Municipal de San Clodio o seu novo libro ‘Zapato e Bota’. A presentación desenvolverase dentro da segunda xornada da Feira de Oportunidades que se está a levar a cabo en Ribas de Sil.
A cita arrancará ás 17.00 horas, nunha tarde chea de diversión con música en directo na que haberá actividades como contacontos, pintacaras, merenda e moitas sorpresas, explican dende a organización. Os máis pequenos desfrutarán, ademais, dun obradoiro de monicreques.