A Pobra do Brollón acollerá a presentación do libro 'Diarios' de Syra Alonso

RibeiraSacraXa
A obra narra o terror vivido durante a Guerra Civil e a loita de Syra por salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel
presentacion-diarios-syra-alonso-brollon
28 Oct 2025

A Pobra do Brollón acollerá este venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Olga Novo, a presentación do libro Diarios, da escritora Syra Alonso.

Diarios recolle a testemuña directa de Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970), quen desde o exilio narra unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil española. Nos seus diarios relata o terror vivido en Galicia e a loita desesperada por salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897 – Carballo, 1936), figura central na arte galega.

A entrada será libre e o acto contará coa participación de diversas voces que abordarán o contido da obra. A presentación contará cunha charla da escritora Olga Novo titulada A represión contra a Arte. Asasinato do pintor Francisco Miguel a través dos Diarios de Syra Alonso. O acto será presentado por Carmen García-Rodeja, voceira da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

⚙ Configurar cookies
0.069427013397217