A Escola Municipal de Sober celebra Santa Cecilia este sábado

RibeiraSacraXa
A Escola Municipal de Música de Sober organiza unha batukada polas rúas da vila para a celebración de Santa Cecilia.
batukada santa cecilia sober
17 Nov 2021

O sábado 20 de novembro as rúas de Sober encheranse de ritmo e bo ambiente.

A Escola Municipal de Música de Sober será a encargada de devolver a vida as rúas da vila cunha batukada para celebrar Santa Cecilia.

A actuación dará comezo ás 12.00 horas.

A Escola de Música

En 1975,  formase a Escola de Música de Sober e ó incorporarse un bo número de nenos da capital do concello e de Proendos, a banda de Santa Cruz pasa a denominarse Banda de Música de Sober. Da escola saen tódolos anos mozos educados. Fai unha década que o número de rapazas está superando ó de rapaces.

Na actualidade e escola conta con sete profesores e máis dun centenar de alumnos. Foi recoñecida oficialmente pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

WhatsApp Image 2021 11 16 at 12.27.06
0.091490983963013