A Escola Municipal de Música Samoeiro mellora as súas aulas

A Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón conta desde esta semana con aulas acondicionadas para ofrecer unha mellor calidade acústica e un maior confort.
Os traballos consistiron na instalación de paneis e cortinas absorbentes que controlan as reverberacións do son, un problema que dificultaba a práctica dos instrumentos musicais. Ademais, renováronse as ventás, que agora contan con dobre cristal illante e persianas, o que elimina o efecto invernadoiro no verán e mellora a eficiencia enerxética do edificio.
Estas melloras realizáronse grazas ao financiamento do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025.