A Escola Municipal de Música de Sober celebrará este domingo o seu Festival de Fin de Curso

A Escola Municipal de Música de Sober, que está a celebrar este 2025 o seu 50 aniversario, organiza este domingo, 15 de xuño, un Festival de Fin de Curso con cinco actuación musicais.
A cita terá lugar no Centro Sociocultural de Sober a partir das 19:00 horas e contará coa participación da Banda Infantil e Xuvenil, un espectáculo de música e movemento, combos instrumentais, o Coro Berea e Batuekando.
Unha cita imprescindible no que o alumando da escola amosará todo o aprendido durante este curso académico e que servirá tamén para festexar o medio século de historia deste centro.