A Escola Municipal de Música de Sober celebra o seu festival de fin de curso

RibeiraSacraXa
Este domingo os membros da Escola van amosar parte do traballo levado a cabo durante este curso
Escola-de-Música-de-Sober
14 Xuño 2024

A Escola Municipal de Música de Sober celebra este domingo, 16 de de xuño, o seu festival de fin de curso, no que os membros da Escola van amosar parte do traballo levado a cabo durante este curso.

Desta maneira, van participar a banda xuvenil, combos instrumentais, alumnos de música e movemento, o Coro Berea e Batukeando no acto, que se celebrará no Centro Sociocultural de Sober a partir das 19.00 horas.

Todas as persoas interesadas en desfrutar desta iniciativa musical e social poderán facelo de forma gratuíta e aberta ata completar o aforo.

0.15541887283325