A Escola Municipal de Música de Sober celebra o seu 50 aniversario

RibeiraSacraXa
As celebracións incluirán un Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, que terá lugar este domingo no Centro Sociocultural
aniversario-escola-municipal-musica-sober
50 aniversario da Escola Municipal de Música de Sober
18 Jun 2025

A Escola Municipal de Música de Sober celebrou o pasado domingo o seu festival de fin de curso, unha cita que coincidiu coa conmemoración do 50 aniversario da institución. O evento contou cun programa cheo de música e rematou cunha tarta compartida entre todos os asistentes.

As celebracións continuarán este domingo co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, que terá lugar ás 13:00 horas no Centro Sociocultural de Sober. No festival participarán a Banda Infantil de Boborás, a Banda Infantil e Xuvenil de Vilanova dos Infantes, e a Banda Infantil e Xuvenil de Sober.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destacou o crecemento anual da matrícula da escola, que atrae a alumnado non só da propia localidade, senón tamén de poboacións próximas e incluso doutras provincias. Ademais, resaltou a ampliación constante da oferta formativa, que converte á escola nunha importante canteira para a Banda de Música de Sober, unha agrupación con máis de 160 anos de historia.

⚙ Configurar cookies
0.21330499649048