A Escola Galega de Saúde para Cidadáns impartirá un curso de primeiros auxilios en Chantada
RibeiraSacraXa
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns impartirá un curso de primeiros auxilios en Chantada o vindeiro 20 de abril
13 Apr 2023
O Concello de Chantada acolle un obradoiro de Primeiros Auxilios impartido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
As persoas que queiran participar poderán inscribirse na plataforma do Sergas ata o 20 de abril, día no que se impartirá este taller no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, de 16.30 a 20.30 horas.
Os obxectivos desta iniciativa é que as persoas que participen nel adquiran os coñecementos necesarios e básicos sobre o manexo de situación que requiran actuación de primeiros auxilios.
:
- Como chamar ao 061.
- Asistencia inicial ante un traumatismo: feridas e hemorraxias.
- Convulsións, crise epiléptica.
- Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc
- Dor torácico.
- Queimaduras: escaldadura.
- Perda de coñecemento: síncope, coma...
- Diabetes: hipoglicemia.
- Reaccións alérxicas.
- Picaduras, mordeduras.
- Reanimación Cardiopulmonar Básica: atragoamento, recoñecemento dunha PCR.