A Escola de Música do Xeoparque Montañas do Courel anuncia o seu primeiro concerto do curso

RibeiraSacraXa
Será o xoves, 18 de decembro, na Casa da Cultura de Ribas de Sil
festival-nadal-escola-xeoparque
5 Dec 2025

A Escola de Música do Xeoparque Montañas do Courel xa fixou a data do seu primeiro concerto deste curso académico. O evento celebrarase o xoves 18 de decembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Ribas de Sil.

A escola é unha iniciativa conxunta dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, en colaboración coa Escola de Música Moderna de Monforte. As clases, impartidas por catro profesionais especializados, desenvólvense cada xoves pola tarde nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil, entre as 17:00 e as 21:00 horas. O programa formativo inclúe guitarra, baixo, piano e teclado, batería, canto e teoría musical.
No concerto de decembro, o alumnado interpretará sete pezas de estilos variados. Entre o repertorio figuran temas como La vie en rose, Don’t Look Back in Anger, Hoy, Memoria da noite, O San Benitiño, Slam e Like a Stone.

A Escola de Música do Xeoparque prevé organizar tres concertos ao longo do curso, un en cada concello participante. Ademais da cita de Nadal, están previstos outro recital en Semana Santa e un último acto de fin de curso no mes de xuño.

⚙ Configurar cookies
0.07703685760498