A escola de música de Sober celebra o seu Samaín dende o día 25
RibeiraSacraXa
Os nenos e nenas de Sober poderán gozar da festividade máis terrorífica do ano.
25 Oct 2023
Os nenos e nenas de Sober poderán gozar da festividade máis terrorífica do ano. A Escola Municipal de Música de Sober celebra este mércores 25 o Samaín máis tenebroso.
A actividade, dirixida a toda a cativada será en horario de tarde. A programación mantense ata o vindeiro 28 de outubro para todos os que se queiran achegar.
Deste xeito, ata o vindeiro sábado, a escola de música ofrece actividades de truco e trato para a cativada do Concello.