A doutora Rosa Rodríguez, natural de Sober, distinguida coa Medalla Castelao

RibeiraSacraXa
Trátase da máxima distinción que concede a Xunta de Galicia
rosa-rodriguez-medalla-castelao-2025
Rosa Rodríguez
29 Jun 2025

A doutora Rosa Rodríguez, veciña de Sober, recibiu este sábado a Medalla Castelao 2025, a máxima distinción que outorga a Xunta de Galicia como recoñecemento ao seu traballo e traxectoria profesional.

No acto de entrega estivo acompañada polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen destacou o orgullo que supón para todo o municipio contar cunha veciña galardoada con este importante premio. O rexedor quixo agradecer o labor da doutora e puxo en valor o seu exemplo para toda a comunidade.

Xunto ao alcalde, unha delegación de soberinos desprazouse para compartir con Rosa este momento tan especial, entre eles a súa nai, Fe, que tamén estivo presente na entrega da medalla.

A Medalla Castelao recoñece a aquelas persoas ou entidades galegas que contribúen de forma destacada á cultura, á ciencia ou á sociedade galega, reforzando o compromiso de Galicia cos seus valores e co seu talento.

⚙ Configurar cookies
0.15066599845886