A directora da Axencia Galega de Innovación visitou Chantada, onde puxo en valor o programa Bonos Innovación
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou Chantada onde puxeo en valor o programa Bonos de Innovación da Xunta de Galicia, dotado cun orzamento de 750.000 euros, e lembrou que segue aberto ata o vindeiro 22 de febreiro o prazo de solicitude da convocatoria 2024 deste programa.
Este ten como obxectivo impulsar os primeiros pasos para innovar en autónomos, microempresas, pemes e entidades do terceiro sector de acción social, a través da contratación de servizos externos de axentes innovadores para conseguir un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo.
A convocatoria conta con dúas tipoloxías de bonos: a liña 1 está destinada a contratar actividades orientadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos e a liña 2 está destinada a apoiar a contratación de servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i, bonificacións da seguridade social de persoalinvestigador e novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais.