A Deputación participou na apertura do congreso da Sociedade Xeolóxica de España

RibeiraSacraXa
La Diputación de Lugo participó en la inauguración del Congreso de la Sociedad Geológica de España en Folgoso do Courel.
Inauguración Sesión sociedade Xeolóxica España
27 Nov 2021

A Deputación de Lugo participou este venres na 71ª sesión da Sociedade Xeolóxica de España que se está a celebrar na Estación Científica de Seoane do Courel. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu á inauguración desta cita que, durante a fin de semana, reunirá a expertos en xeoloxía de toda España. García Pernas destacou que “o apoio ao estudo e divulgación da riqueza xeolóxica é unha aposta polo coñecemento científico nunha área do saber moi concreta, pero plantexándoos dende a transversalidade convértense nun elemento para lograr novos obxectivos”, como a promoción do territorio e a conservación do medio ambiente, e, a partir deles, o deseño de novos proxectos de desenvolvemento para o rural. O Deputado subliñou tamén o apoio da Deputación ao Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel cunha achega de 25.000€ para a promoción turística deste territorio.

0.17027902603149