A Deputación licita por máis de 200.000 euros a mellora dun tramo da LU-P-5903 en Sober

RibeiraSacraXa
Os traballos, cun prazo de execución de 3 meses, consisitirán na rehabilitará do primeiro tramo da vía, que conecta co municipio de Doade
Pilar-García-Porto
Pilar García Porto
14 Nov 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres licitar por máis de 207.267 euros a mellora de sete quilómetros da LU-P-5903, en Sober, na conexión co municipio de Doade. Unha vía que, segundo destacan dende a institución provincial, é fundamental para a Ribeira Sacra, polo que supón tanto para o turismo como para o sector vitivinícola.

Os traballos, cun prazo de execución de 3 meses, consisitirán na rehabilitará do primeiro tramo da vía, desde o quilómetro 1,3 ao 8, e contemplan a reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación.

Dende a Deputación destacan que as obras que terán un impacto moi importante na zona, xa que esta vía dá acceso a miradoiros, bodegas e explotacións de viño, sendo unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da economía local. Debido á súa importancia, a Deputación leva investidos máis de 700.000 euros nesta estrada nos últimos seis anos.

⚙ Configurar cookies
0.069441080093384