A Deputación investirá na mellora das comunicacións

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Xunta de Goberno acordou este venres licitar o contrato, por dous anos, para o mantemento e a ampliación da telefonía fixa e móbil e o acceso a internet
Pilar-García-Porto
4 Oct 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación para o mantemento e a ampliación do servizo de comunicacións da institución provincial cun investimento de algo máis de 1,2 millóns de euros. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen concretou que “neste contrato inclúese a telefonía fixa, móbil e o acceso a internet das diferentes dependencias da Deputación”.

García Porto tamén salientou que “con este acordo tamén garantiremos a conectividade en edificios de maior complexidade como o Museo Fortaleza San Paio de Narla ou no Museo do Mar, entre outros”.

“Esta contratación permitirá que os traballadores e traballadoras da institución provincial desenvolvan o seu labor nas mellores condicións posibles. Ofrecendo así un servizo á cidadanía máis áxil, próximo e eficiente”, avanzou Pilar García Porto.

Por último, recordou que o contrato terá dous anos de duración e poderán prorrogarse por dous anos máis. Nesta liña, a Voceira socialista do Goberno lembrou que “o acordo actual de servizos de comunicacións finalizará o 31 de xaneiro de 2025, polo que o novo entrará en vigor a partir do 1 de febreiro do ano que vén.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17753601074219