A Deputación expón na súa web as fotografías do concurso das Reservas da Biosfera

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
rátase de quince imaxes que competiron no certame para poñer en valor a riqueza de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
primer premio concurso fotos reservas biosfera deputacion
16 Xan 2022

As instantáneas admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.

A mostra, entre a que se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2021, pódese visitar no seguinte enlace https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB/VIIexposicion Entre as fotografías atópanse as tres vencedoras desta edición: Camiño Primitivo, de Lina Iglesias; Lagoa de Cospeito, Germán Limeres López, e Cores de inverno na senda dos muíños, de Manuel María Balbas Naveira.

0.1914050579071