A Deputación e o Concello de Quiroga traballan nunha nova edición do programa ‘Descubrir Quiroga’

RibeiraSacraXa
A iniciativa ten como obxectivo poñer en valor os recursos máis destacados do territorio e consolidar Quiroga como un destino de referencia na Ribeira Sacra e no Xeoparque Montañas do Courel
lagoa-Lucenza-Quiroga
Lagoa de Lucenza
28 May 2025

Dende a Concellería de Turismo do Concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación de Lugo, informan que xa están traballando na posta en marcha dunha nova edición do programa ‘Descubrir Quiroga’, unha ambiciosa proposta que busca atraer mercado turístico e consolidar Quiroga como un destino de referencia na Ribeira Sacra e no Xeoparque Montañas do Courel.

‘Descubrir Quiroga’ , explican dende a área de turismo, pon en valor os recursos máis destacados do territorio: a natureza única e salvaxe, moitas rutas, fervenzas e barrancos, a artesanía local, así como unha gastronomía con identidade e sabor auténtico, marcada polo viño e o aceite de oliva.

O programa, que se dará a coñecer proximamente, está deseñado para ofrecer experiencias únicas arredor dos nosos grandes atractivos, coa intención de dinamizar a economía local e atraer novos visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.068902969360352