A Deputación dota de tres desfibriladores as comisarías de Policía Nacional

RibeiraSacraXa | LugoXa | AMariñaXa
A Deputación dota de tres desfibriladores as comisarías de Policía Nacional. Deste xeito, contribuirá a mellorar a protección dos veciños
deputacion policia nacional defibriladores
5 Feb 2022

O presidente anunciou este compromiso nun encontro coa Subdelegada do Goberno en Lugo, o Comisario Xefe de Operacións da Policía Nacional, os inspectores xefes das comisarías dos concellos monfortino e viveirense, o Subinspector da Comisaría Provincial e un representante do SUP

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou que a Deputación de Lugo financiará a dotación de tres desfibriladores ás comisarías da Policía Nacional da provincia, en Lugo, Monforte de Lemos e Viveiro. José Tomé enmarcou esta medida no compromiso da institución de colaborar con outras administracións e cos corpos e forzas de seguridade do Estado para sacar adiante iniciativas en beneficio da cidadanía.

José Tomé Roca anunciou este compromiso durante un encontro que mantivo esta mañá en San Marcos coa Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o Comisario Xefe de Operacións da Policía Nacional, Luis Miguel Romera, o Inspector Xefe da Comisaría de Viveiro, Jesús Mª Seco, a Inspectora Xefa da Comisaría de Monforte de Lemos, Mónica Gutiérrez, o Subinspector da Comisaría Provincial, José Manuel González, e o Secretario Provincial do Sindicato Unificado de Policía (SUP), Alfonso Darriba. 

Deste xeito, a Deputación contribuirá a mellorar a protección dos veciños e veciñas da provincia ante posibles fallos cardíacos cunha medida que vai na liña do que recomendan as organizacións de profesionais sanitarios e do que promove a propia institución provincial, asegurou José Tomé.

Os expertos en cardioloxía aseguran que, en situación de parada cardiorespiratoria, cada minuto que pasa sen atención diminúe nun 10% a probabilidade de supervivencia. Ao cabo de dez minutos, as posibilidades son mínimas, polo que a reanimación debe comezar de forma inmediata ou o máis rápido posible. Por iso, dixo Tomé, “é tan importante contar con equipos desfibriladores nas instalacións e espazos públicos para reducir ao mínimo posible o tempo de reposta ante unha parada respiratoria. Estamos falando da diferencia entre a vida ou graves secuelas, ou mesmo a morte”.

0.19339203834534