A Deputación destinará 6.349 euros para levar a cabo mellora en varias vías municipais de Sober

RibeiraSacraXa
Aprobouse a solicitude do Concello de Sober para investir remanentes do Plan Deputación 2024 en novas actuacións
Concello-de-Sober
21 Xul 2024

Aprobouse a solicitude do Concello de Sober para investir remanentes do Plan Deputación 2024 en novas actuacións. En concreto destinará 6.349 euros para levar a cabo mellora en varias vías municipais.

Os traballos de acondicionamento afectarán ás estradas que van de Ceceda a Vilar de Mouro; de Cadaval a Vilachá; de Amandi a O Lameiro; de Santiorxo a Bulso; de Bulso a Santa Cruz e a que vai a Liñarán; tamén as vías de Veleigaz a Xanimol; de Xinamol a Veiga; de Neiras a Vacariza; de A Buardilla a Aroxó e, por último, a estrada que vai de San Martiño a Vilela.

0.097027063369751