A Deputación de Ourense colabora cun total de 46 agrupacións de Protección Civil da provincia

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Destináronse preto de 70.000 euros aos grupos de voluntarios de concellos como Pereiro de Aguiar, Cartelle, Manzaneda, Celanova e A Pobra de Trives, entre outros
marta-novoa-xunta-goberno
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, 9 de decembro de 2024
9 Dec 2024

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria semanal, vén de mobilizar un total de 230.278,52 euros para colaborar con 46 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia e para cooperación cos concellos e entidades

Polo que se refire o concurso público para a concesión de subvencións ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos, o importe total das axudas é de 69.662,53 euros, que se distribuirán entre 46 agrupacións.

Estas achegas foron concedidas aos grupos de voluntarios dos concellos de A Gudiña, A Bola, Pereiro de Aguiar, Cartelle, Ribadavia, Avión, Riós, Castro Caldelas, Rairiz de Veiga, Parada de Sil, Manzaneda, A Rúa, O Carballiño, O Bolo, San Cristovo de Cea, Esgos, Nogueira de Ramuín, Celanova, San Xoán de Río, Muíños, Os Blancos, Sarreaus, Viana do Bolo, Bande, Calvos de Randín, Baltar, Beariz, Gomesende, Cualedro, Cortegada, Allariz, A Veiga, Piñor, Vilamarín, Castrelo de Miño, Maceda, Xinzo de Limia, Vilariño de Conso, Carballeda de Avia, Vilardevós, Entrimo, A Mezquita, Petín, Vilamartín de Valdeorras, A Pobra de Trives e a agrupación da Mancomunidade Terras de Celanova.

Outras entidades ás que se lles concederon achegas económicas na sesión desta mañá foron a Asociación Cultural Xan de Arzúa para a Festa do Boi (12.000 euros), así como os Padres Mercedarios de Verín, para realizar melloras na igrexa da Merced da vila do Támega (5.881,99 euros).

No que respecta a concellos, concedéronse 142.734 euros que estarán destinados a melloras de infraestruturas municipais e de iluminación pública, así como arranxos de vías e para reforma integral de fachada e illamentos en inmobles municipais.

 

0.17095494270325