A Deputación de Lugo renova o patrocinio ao piloto monfortino Eduardo Iglesias no Dakar

LugoXa | RibeiraSacraXa
A institución al achegará 15.000 euros ao piloto de motos Eduardo Iglesias para que poida participar no Rally Dakar 2025
José Tomé xunto ao piloto monfortino Eduardo Iglesias
José Tomé xunto ao piloto monfortino Eduardo Iglesias
13 Dec 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este venres que a institución provincial achegará 15.000 euros ao piloto de motos Eduardo Iglesias para que poida participar no Rally Dakar 2025. Fíxoo na Praza de San Marcos, onde recibiu ao deportista monfortino e valorou a súa participación nunha das probas máis duras e máis mediáticas do mundo. “Apoiamos o talento e o esforzo dos deportistas da provincia polos valores que transmite o deporte e pola súa capacidade para promocionar o noso territorio”, sinalou.

Esta será a quinta ocasión na que Eduardo Iglesias participa no Rally Dakar, que volverá a ser en Arabia Saudita entre o 3 e o 17 de xaneiro. Como todos os anos, o piloto portará o escudo da Deputación na moto, na vestimenta, na furgoneta e nunha carpa.

0.17464804649353