A Deputación de Lugo renova a colaboración coa cuarta edición do mercado Petiscos de Nadal de Taboada

RibeiraSacraXa
José Tomé e Roi Rigueira asinaron no Pazo de San Marcos o acordo de colaboración mediante o cal a institución provincial destinou algo máis de 6.000 euros para o desenvolvemento desta cita
José Tomé e Roi Rigueira
José Tomé e Roi Rigueira
8 Jan 2025

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, a través do que a institución provincial destinou algo máis de 6.000€ para colaborar coa cuarta edición do mercado Petiscos de Nadal. Esta cita, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta), tivo lugar na Praza de Riazón deste municipio o pasado 21 de decembro e reuniu a 14 produtores locais.

José Tomé destacou que a Deputación de Lugo colabora ano tras ano con este mercado porque “non só se trata dunha cita que conta cunha gran acollida entre a veciñanza, senón que tamén é un evento que impulsa e pon en valor a gastronomía e a artesanía da nosa terra expoñendo artigos de máxima calidade”.

Ademais dos postos de venda, onde os visitantes puideron adquirir produtos de proximidade e de artesanía, a programación incluíu a actuación musical do grupo tradicional Rechouchíos, un obradoiro para elaborar decoración de Nadal, un espectáculo infantil e familiar a cargo do mago Óscar Fernández, e a actuación do grupo Ailá.

 

0.16931200027466