A Deputación de Lugo oferta 14 prazas para a residencia de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O Centro de Atención a Maiores (CAM) de Ribas de Sil entrará en funcionamento no mes de febreiro e a Axencia de Colocación da Deputación de Lugo oferta 14 postos de traballo para o coidado das persoas maiores na institución.
20 Xan 2023

Os perfís son técnico/a de animación sociocultural, persoal de limpeza, xerocultores, axudante da cociña, cociñeiro e pódense consultar na web da Axencia de Colocación.

Esta proposta de emprego ten como obxectivo dar servizo aos primeiros usuarios da residencia, que está previsto que entren a principios de febreiro, polo que a oferta está aberta ata o 31 de xaneiro para os interesados en presentar a súa candidatura.

A nova residencia

A residencia contará con once prazas para usuarios do centro de día e vinte e nove para a residencia. Ademais, a súa posta en funcionamento suporá a creación de 25 postos de traballo directos.

O edificio xa está listo e completamente equipado nas súas tres plantas para recibir os usuarios.  Na parte baixa sitúanse as salas, o comedor e a cociña ou o centro de día, mentres que no resto repártense as 19 habitacións, dez delas dobles.

0.17695593833923