A Deputación de Lugo inviste máis de 300.000 euros na mellora de seis vías provincias ao seu paso por Chantada

RibeiraSacraXa
Os traballos afectan a varios tramos da LU-P-1002, da LU-P-1802, da LU-P-1803, da LU-P-1805, da LU-P-1806 e da LU-P-1818
Inicio obras LU-P-1002.jpeg
Inicio das obras na LU-P-1002
16 Aug 2025

A Deputación de Lugo comezou esta semana as obras de acondicionamento en varios tramos de seis estradas de titularidade provincial ao seu paso polo concello de Chantada, cun orzamento que supera os 300.000 euros.

Os traballos inclúen a mellora de máis de oito quilómetros da LU-P-1002, entre Esmoriz e A Tilleira; a rehabilitación completa da LU-P-1802, que une Chantada co encoro de Bele-sar; e medio quilómetro da LU-P-1803, á altura de Vilaúxe. Tamén se actuará na totalida-de da LU-P-1805 (Seixo-Esmoriz), nos últimos tres quilómetros da LU-P-1806 (Garabe-los-Santa Rosa) e nos primeiros 100 metros da LU-P-1818, que conecta coa N-540 en Pereira.

As obras consisten na reapertura de gabias, reparación de danos e repavimentación. O prazo previsto para completar a intervención é de tres meses.

Esta actuación enmárcase no plan da Deputación para mellorar a rede viaria provincial, a máis extensa do Estado, con máis de 4.000 quilómetros, e contribuír así ao desenvolve-mento socioeconómico dos municipios.

⚙ Configurar cookies
0.16922521591187