A Deputación de Lugo investirá case 315.000 euros en mellorar a estrada entre Chantada e Os Peares

A Deputación de Lugo aprobou hoxe, na reunión da Xunta de Goberno Local, a adxudicación das obras de mellora do firme da estrada LU-P-1801, que conecta Chantada con Os Peares a través de Nogueira.
O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU por un importe próximo aos 315.000 euros, contempla o acondicionamento dun treito de 23 quilómetros, desde o punto quilométrico 6 ata o 29. Entre as actuacións previstas inclúense a reapertura de cunetas e a mellora do firme, cun prazo de execución estimado de tres meses.