A Deputación de Lugo iniciou as obras dun tramo da estrada provincial LU-P- 4101

RibeiraSacraXa
Esta estrada conecta en Pantón a parroquia de Siós co lugar da Panfolía, en Santiago de Cangas, pola parroquia de Espasantes
Obras-estrada-LU-P-4101-Pantón
21 sep 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora dun tramo da estrada provincial LU-P- 4101, que conecta en Pantón a parroquia de Siós co lugar da Panfolía, en Santiago de Cangas, pola parroquia de Espasantes.

As actuacións, que teñen un investimento de máis de 40.000 euros, e das que se encarga a empresa Opaga 003 SL, afectan a dous quilómetros de vía, entre os puntos quilométricos 2 e 4.

Cun prazo de execución dun mes, os traballos consisten na mellora da drenaxe, reparación de desperfectos e a pavimentación do firme.

Trátase dunha actuación importante porque esta estrada dá servizo a diferentes bodegas e viñedos deste concello da Ribeira Sacra, está na contorna do Camiño de Inverno e no de varios recursos turísticos, como a igrexa de San Martiño de Siós do século XVIII ou á de Santo Estevo de Espasantes reconstruída no XVII.

0.19344902038574